capoqueiro

capoqueiro

(< capoc)

Nome científico: [Ceibapentandra, Fam das bombacáceas]
s m [PLANTA]

Árbore duns 30 m de altura e de pólas moi desenvolvidas, estendida por todas as zonas intertropicais, aínda que é orixinaria de América. Do seu froito obtense o capoc e das súas sementes extráese un aceite que ten aplicación na fabricación de xabóns e na alimentación.