Cappel, Louis

Cappel, Louis

Filólogo e teólogo francés calvinista. Foi catedrático de hebreo e de teoloxía en Saumur. Descubriu que os signos vocálicos do texto hebreo da Biblia foron inseridos polos masoretas e que a escritura cadrada hebraica era de orixe aramea. A súa Crítica sacra atopou unha forte oposición nos medios calvinistas, partidarios da intanxibilidade do texto hebreo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Sedan, Ardenas

  • Deceso

    Lugar : Saumur, Loire