Capra, Frank
Capra, Frank
Realizador cinematográfico norteamericano de orixe italiana. É un dos autores das comedias máis representativas do New Deal de Roosevelt e voceiro do chamado “optimismo crítico” do cine americano entre 1932 e 1941 con It Happened on Night (Aconteceu unha noite, 1934), Mr Deeds Goes to Town (Mr Deeds chega á cidade, 1936), It’s a Wonderful Life (Unha vida marabillosa, 1946). Dirixiu tamén Arsenic and Old Lace (Arsénico e un vello encaixe, 1944) e A Pocketful of Miracles (O peto dos milagres, 1961).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Palermo -
Deceso
Lugar : La Quinta, California