n-caproico, ácido

n-caproico, ácido
Nome científico: [ácido hexanoico: CH<sub> 3</sub> (CH<sub> 2</sub> )<sub> 4</sub> COOH]
[QUÍM]

Líquido oleoso presente nas graxas do leite ata un 2%, soluble en alcol e en éter, lixeiramente soluble en auga. Funde a -3,4°C e ferve a 205°C. Obtense como subproduto na fermentación butírica e na destilación fraccionada de ácidos graxos naturais. Emprégase na fabricación de perfumes, caucho sintético, vernices, resinas e produtos farmacéuticos.

Palabras veciñas

N,N-dimetilformamida | n- | n-butanol | n-caproico, ácido | 1 na | 2 na | Na