N,N-dimetilformamida

N,N-dimetilformamida
Nome científico: [HCON(CH<sub> 3</sub> )<sub> 2</sub> ]
s f [QUÍM]

Amida derivada do ácido fórmico. Líquido incoloro, de cheiro forte a amina, moi irritante, cun punto de fusión de -61°C e punto de ebulición de 153°C. Obtense por reacción do formiato de metilo con dimetilamina. Emprégase como disolvente, e ten aplicacións en síntese orgánica. Tamén se coñece coa abreviatura DMF.

Palabras veciñas

2 n | N | N | N,N-dimetilformamida | n- | n-butanol | n-caproico, ácido