N,N-dimetilformamida
N,N-dimetilformamida
Nome científico:
[HCON(CH<sub> 3</sub> )<sub> 2</sub> ]
s
f
[QUÍM]
Amida derivada do ácido fórmico. Líquido incoloro, de cheiro forte a amina, moi irritante, cun punto de fusión de -61°C e punto de ebulición de 153°C. Obtense por reacción do formiato de metilo con dimetilamina. Emprégase como disolvente, e ten aplicacións en síntese orgánica. Tamén se coñece coa abreviatura DMF.