captatio benevolentiae*

captatio benevolentiae*
s f [LIT]

Procedemento a través do que un orador trata de acadar unha acollida favorable dun discurso por parte do público. O disertador adopta unha actitude de humildade e apela á súa falta de preparación para abordar o discurso de xeito máis competente. Este procedemento ten a súa orixe na retórica latina, en concreto, no discurso forense, no que o orador tentaba gañar o favor do xuíz para favorecer o seu defendido. Posteriormente, converteuse nun tópico literario moi empregado.

Palabras veciñas

captador -ra | captane | captar | captatio benevolentiae* | captoprilo | captura | capturar