captura
(< lat captūra)
-
s
f
-
Acción e efecto de capturar.
Ex: A captura dos delincuentes realizouse de forma arriscada.
-
O que se captura, especialmente referido á caza e á pesca.
Ex: Houbo que reducir a captura de sardiña.
-
-
s
f
[ASTRON]
Satelización dun astro ao redor doutro meirande, causada pola atracción gravitacional, e que ten lugar ao pasar un moi preto do outro.
-
[FÍS]
-
s
f
Absorción dunha partícula polo núcleo sobre o que incidiu. Este fenómeno ten lugar cando a enerxía da partícula incidente é máis pequena ca a enerxía de enlace entre esta partícula e o núcleo.
-
captura K
Tipo de desintegración radioactiva dun átomo na que o núcleo absorbe un electrón cortical; en xeral, este electrón pertence á capa K, a máis próxima ao núcleo. A consecuencia da captura K, o núcleo emite raios X, por mor do arranxo dos outros electróns corticais, e un neutrino.
-
s
f
-
s
f
[XEOG]
Fenómeno polo que un río de intensa actividade erosiva chega a denudar a outro captando na propia conca as augas do curso superior do río denudado.
-
s
f
[INFORM]
Proceso polo que unha imaxe dixitalizada nun formato determinado, habitualmente incompatible cun programa de tratamento de fotografía, se garda noutro diferente que permita o seu uso nalgunha desas aplicacións.