Capua
Capua
Cidade da provincia de Caserta, na Campania, Italia, situada á beira do río Volturno, ao N de Nápoles, no golfo de Gaeta (17.696 h [1991]). Foi fundada no 856 sobre a antiga Casilinum, 4 km ao NO da antiga Capua (Santa Maria de Capua-Vetere).