Caquetá

Caquetá

Río da Amazônia, afluente do Amazonas (2.800 km), que nace na Cordillera Oriental, en Colombia, e entra na chaira do Amazonas salvando os últimos contrafortes da cadea andina. Posúe afluentes moi caudalosos como o Caguán. É de difícil navegación, xa que no seu percorrido hai numerosos rápidos e fervenzas. Preto da fronteira con Brasil, en Tefé, toma o nome de Japurá.