carabela

carabela

(

  1. s f [MAR]

    Embarcación utilizada entre os ss XIV e XVII, que tiña o casco moi alto, amplo e relativamente curto, aínda que máis longo ca o das naos e có das cocas; as características do seu aparello permítenlle navegar contra o vento. De orixe portuguesa, nun principio tiña dous ou tres paos con vela latina, sen bauprés nin trinquete. No s XV os mesmos portugueses, como consecuencia das súas experiencias no litoral africano, perfeccionaron este barco facéndoo algo máis longo; a finais do s XV xa había carabelas de popa plana, con gabias e aparello de cruz. Este modelo impúxose no resto da Península Ibérica, sobre todo en Andalucía, onde apareceu un tipo de carabela intermedio entre esta e a nao, con aparello de cruz. A primeira viaxe de Cristovo Colón a América realizouse en dúas carabelas, Pinta e Niña.

  2. s f

    Cesta de pequeno tamaño, feita polo xeral de vimbios, empregada para levar comestibles á cabeza.

    Ex: As mulleres levaban carabelas cheas de repolos para vender na praza.

  3. s f [ANIMAL]

    Nome que reciben os moluscos bivalvos do xénero Ensis, como o longueirón e a navalla.

Palabras veciñas

carabao | carabel | Carabel | carabela | carabelo | Carabelos López, Pedro | carábido -da