carábido -da

carábido -da

(< lat Carabus, xénero decoleópteros)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos carábidos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da familia dos carábidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de coleópteros, adéfagos, integrada por máis de 20.000 especies. En xeral son de cores marróns ou negras, con reflexos metálicos. Son característicos das zonas temperadas. Viven no chan e tanto larvas como adultos son carnívoras que cazan principalmente caracois, eirugas e miñocas. Os adultos son bos corredores, de actividade principalmente nocturna, que apenas se desprazan mediante o voo. Nalgunhas especies están ausentes as ás membranosas e noutras os élitros preséntanse fusionados. O xénero máis representativo é o Carabus.

Palabras veciñas

carabela | carabelo | Carabelos López, Pedro | carábido -da | carabina | carabinada | carabineiro