carabineiro

carabineiro

(< carabina)

  1. s m

    Soldado armado cunha carabina.

  2. s m

    Garda destinado á represión do contrabando e á vixilancia das costas, fronteiras e aduanas. O corpo de carabineiros de costas e fronteiras creouse en 1829 e ampliouse pronto cos membros do chamado resgardo civil, destinados a aduanas. Reorganizouse nos anos 1837 e 1842 co nome de corpo de carabineiros reais. Pola súa duplicidade de funcións coa Garda Civil e pola súa actuación durante a Guerra Civil (1936-1939), suprimiuse como corpo en 1940 e pasou a constituír unha sección da Garda Civil.

  3. s m

    Garda da organización militar destinada á protección da seguridade pública. Creouna en Italia Víctor Manuel I en 1814, e está formada por tropas de infantería e de cabalería.

Palabras veciñas

carábido -da | carabina | carabinada | carabineiro | cárabo | Carabobo | caraboideo -a