carábido -da
carábido -da
(< lat Carabus, xénero decoleópteros)
-
adx
Relativo ou pertencente aos carábidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da familia dos carábidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de coleópteros, adéfagos, integrada por máis de 20.000 especies. En xeral son de cores marróns ou negras, con reflexos metálicos. Son característicos das zonas temperadas. Viven no chan e tanto larvas como adultos son carnívoras que cazan principalmente caracois, eirugas e miñocas. Os adultos son bos corredores, de actividade principalmente nocturna, que apenas se desprazan mediante o voo. Nalgunhas especies están ausentes as ás membranosas e noutras os élitros preséntanse fusionados. O xénero máis representativo é o Carabus.