Caralampio

Caralampio
[ONOM]

Prenome masculino que probablemente vén do grego kara (χαρά ‘alegría’) e lampo (λάμπω ‘brillar’), xa que logo, ‘que resplandece de alegría’. Aínda que non aparece ningún santo con tal nome no santoral romano, segundo as fontes eclesiásticas, trátase dun mártir antioquense do s V e que, polo tanto, non ten relación con san Campio de Entíns, mártir en Roma de quen o cardeal Zelada conseguiu mandar as reliquias a Galicia. Este santo celébrase no barrio de Vista Alegre, en Santiago de Compostela, o primeiro domingo de xullo, e tamén na illa da Toxa.

Palabras veciñas

carajacas* | carajillo* | caral | Caralampio | Caralis | caralla | carallada