carallada

carallada

(

  1. s f

    Diversión prolongada e buliciosa.

    Ex: Andaron toda a noite de carallada e agora teñen resaca.

    Sinónimos: esmorga, pándega, rexouba, ruada, troula, trouleo, xolda, festa, foliada.
  2. s f

    Cousa que molesta e desagrada.

    Ex: Non lle andes con caralladas a teu pai que logo se enfada.

  3. s f

    Cousa que ten pouco valor.

    Ex: Cómpralle unha carallada calquera que con pouca cousa se conforma.

  4. s f

    Feito ou cousa sen importancia ou de pouco interese.

    Ex: Déixate de facer caralladas e ponte a traballar en serio.

    Sinónimos: parvada.

Frases feitas

  • Andar/estar de carallada 1 Non tomar as cousas en serio.

  • 2 Andar de troula.

Palabras veciñas

Caralampio | Caralis | caralla | carallada | carallán | carallazo | carallete