carallo

carallo

(< lat *caraculu ‘paopequeno’)

  1. s m [ANAT]

    Órgano xenital masculino.

    Ex: Un borracho agarrou a outro polo carallo ata que o deixou tirado no chan.

    Sinónimos: pene, verga.
  2. interx

    g Exclamación que manifesta sorpresa, dor, estrañeza, admiración, anoxo, etc. OBS: Pode aparecer reforzado por expresións como Arre carallo! ou Manda carallo!

    Ex: Carallo, como chove!, Arre carallo, non che sabía eu que o Xan ía casar!, Manda carallo, hai que oír e calar!

  3. s m

    Forma comodín que, segundo o contexto, adquire diferentes significado como ‘persoa insignificante’, ‘nada’, ‘rexeitamento’, ‘fracasar’, ‘moito’, ‘pesado’, ‘divertido’, etc.

    Ex: Ese carallo non me gusta nada. O libro que compraches non vale un carallo. Non me facía caso ningún e mandeino ó carallo. O negocio que montaron foise ó carallo. Vai un frío de carallo! O carallo do galo non nos deixou durmir en toda a noite. O humorista érache o carallo.

  4. carallo de mar [ANIMAL]

    holoturia.

Palabras veciñas

carallán | carallazo | carallete | carallo | carallón | carallote | carallou