carallote

carallote

(

  1. s m [PROTISTA]

    Alga parda do xénero Laminaria. Este nome ten a súa orixe no uso que se facía do estipe groso e cilíndrico destas algas nos problemas de dilatación no parto; estes estipes, que se conservaban secos, introducíanse na vaxina e botábaselles auga para que aumentasen de tamaño e axudasen así á dilatación.

  2. s m [ANIMAL]

    Denominación vulgar que reciben os equinodermos da clase dos holoturoideos, de forma grosa e alongada, sen brazos e sen espiñas, e con pequenos pés ambulacrais con ventosas.

  3. s m [ANIMAL]

    Denominación popular que reciben os moluscos bivaldos do xénero Ensis, como a navalla e o longueirón.

    Sinónimos: carallete.

Palabras veciñas

carallete | carallo | carallón | carallote | carallou | caralludo -da | Caralluma