Carambolo, El

Carambolo, El

Poboado tartésico situado preto de Sevilla, ocupado dende o s IX a C ata o s VII a C. Do nivel inferior (s IX a C), procede unha produción de cerámica local, con influencias orientais, de vasillas realizadas manualmente con decoración en retícula brunida e pintadas á man con decoración xeométrica (tipo Carambolo). A partir do s VIII a C, por consecuencia das relacións cos fenicios, impúxose a cerámica con torno. Do nivel superior (s VII a C), procede un conxunto de vinte e unha xoias de ouro (pectorais, brazaletes e plaquetas) de morfoloxía e técnica fenicia. Ese conxunto, coñecido como Tesouro do Carambolo, descubriuse en 1958 e está depositado no Museo Arqueológico de Sevilla.

Palabras veciñas

carambola | caramboleira | carambolista | Carambolo, El | caramecha | Caramecha, A | caramela