Caramecha, A

Caramecha, A
[PUBLIC]

Revista que xurdiu na comarca do Barbanza no outono de 1989 co subtítulo de “Voceiro de Xoves Culturais do Barbanza”. Dirixida e coordinada por Elixio Villaverde García, editaron o primeiro número o ano no que se lle dedicaba o Día das Letras Galegas a Celso Emilio Ferreiro. Incluía artigos, poemas e narracións de Moncho Ares, Concha Iglesias, Xosé Agrelo e Xosé Manuel Rivas, entre outros. Reproduciu amais, poesías de C. E. Ferreiro e de Ramón Martínez López, e algunhas cantigas populares da comarca.

Palabras veciñas

carambolista | Carambolo, El | caramecha | Caramecha, A | caramela | caramelización | caramelo