Caramés Viéitez, Luis

Caramés Viéitez, Luis

Economista. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidad de Málaga, doutorouse na Universidade de Santiago de Compostela coa tese La Hacienda del municipio de Vigo 1900-1975. Profesor axudante na facultade de Dereito de Santiago de Compostela ata o ano 1982, na que foi decano, e catedrático de Facenda Pública da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en diversos medios de comunicación e é autor de Fiscalidad de las áreas metropolitanas (1992), Introdución a la hacienda local y autonómica (1994), Los problemas de la financiación autonómica, una perspectiva desde Galicia (1997), Gobiernos autonómicos y sostenibilidad de la deuda pública, el caso de la Xunta de Galicia (1998) e Capital público y crecimiento económico en las comunidades autónomas (1999). Foi presidente do Consello Galego de Relacións Laborais.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra