caravansar

caravansar

(

s m [HIST]

Edificio en Oriente destinado a acoller as caravanas. Construídos ao longo das distintas rutas, estaban constituídos por catro corpos, xeralmente cun piso enriba, que formaban un patio cunha fonte no seu centro para as ablucións. Contaban tamén con cociñas, cortes, baños e, ás veces, complementábanse cunha mesquita. Nas cidades, ademais da súa función de hospitalidade, empregábanse para vender as mercadorías e facer todo tipo de operacións comerciais. En Irán desenvolveuse o tipo de catro iwáns das mesquitas ou madrasas e en Siria organizáronse, a partir do s XIII, en patios con arquerías e varios pisos, o inferior para os animais e as mercadorías, e os superiores para os viaxeiros.

Palabras veciñas

caravaggismo | caravana | caravaneiro -ra | caravansar | caravel | Caravel | caraveleira