Caravel
Caravel
[ONOM]
Apelido que pode ter a súa orixe nun alcume aplicado a individuos de aspecto feituco, xa que aínda hoxe se conserva a expresión “é como un caravel” para referirse a unha persoa fermosa. Neste caso, a súa etimoloxía remite ao latín vulgar clavellu, diminutivo da voz latina clavus ‘cravo’. Tamén pode proceder dun topónimo formado sobre a base prerromana *car ‘pedra, rocha’. Documéntase no s XIII: “Iohannes Petri dito Caravel” (doc ano 1240 Boletín de la Real Academia Gallega, nº 263, p 183). Adoita aparecer grafado cun -b- non etimolóxico (Carabel).