Carba, serra da
Carba, serra da
Sistema montañoso do rebordo setentrional da Terra Chá. Esténdese pola parroquia de Vilapedre (concello de Vilalba) ata o límite coa de Balsa (concello de Muras), sobre unha litoloxía dominada por cuarcitas cámbricas. O seu cumio acada os 908 m de altitude, no monte Carba.