carballa

carballa

(

  1. s f

    Froito do carballo.

    Ex: Sabe facer bailar as carballas tan ben como se fosen buxainas.

    Sinónimos: bugalla, bugallo, bullaca, bullaco, carrabouxa, carrabouxo, bailarete.
  2. s f

    Póla dun carballo despois de separala da árbore.

    Ex: As carballas que non deas fendido ímolas separar para levar ó augardenteiro.

  3. s f

    Carballo vello coa copa tupida e co tronco voluminoso.

    Ex: Protestou no concello por teren arrincado a carballa que había no adro.

  4. s f [PROTISTA]

    Denominación vulgar de algas do xénero Fucus.

Frases feitas

  • Bailar como unha carballa. Bailar moito e ben.