Carballal
Carballal
-
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica. O topónimo é un abundancial formado sobre a voz carballo, co significado de ‘lugar poboado de carballos’. Documéntase no s XIII: “Maria Fernandes de Carvalyal” (doc ano 1265 en X. Ferro Couselo A vida e a fala do devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol I, 1967, p 24). Adoita aparecer castelanizado (Carbajal).
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galega que se espallou por toda a Península. As súas armas levan, en campo de sinople, unha torre de ouro, adestrada dunha bandeira de goles. Outra variante trae, en campo de prata, tres faixas de azul, e bordo de prata con oito rosas de goles.