Carballal Pernas, Ramón

Carballal Pernas, Ramón

Xurista e poeta. Formado en dereito na Universidad de Madrid, ingresou no corpo xudicial no ano 1947. Despois de exercer en varias cidades galegas pasou a ser maxistrado da Audiencia territorial da Coruña no ano 1963. Foi presidente da sección de dereito penitenciario no V Congreso Iberoamericano e Filipino de Dereito Civil e Penitenciario, secretario da comisión de estudios do I Congreso de Dereito Galego e organizador das I Xornadas Xurídicas da Coruña. Como poeta publicou a súa obra en xornais e revistas e chegou a gañar a Flor Natural dos Xogos Florais de Oleiros en 1974. Colaborou en Foro Gallego e Jurisdición contencioso administrativa, e escribiu obras xurídicas como Ideario político social e penitenciario de don Miguel de la Sagra (1975) e Comentarios al Código civil y compilaciones forales: compilación de Galicia (1979). Membro correspondente do Instituto Español de Derecho Procesal, foi distinguido coa Cruz de San Raimundo de Penyafort no ano 1963. Ademais é académico da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, onde foi o primeiro en ler o seu discurso en galego.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : La Habana