Carballal, San Mamede de

Carballal, San Mamede de

Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. Datada nos primeiros anos do s XIII, da antiga fábrica románica só se conservan as portas e parte da nave. Ten planta rectangular coa cuberta a dúas augas. O acceso á capela maior practícase por medio dun arco de medio punto. Destaca a portada principal con dúas arquivoltas que están protexidas por unha moldura saínte e axadrezada. No tímpano está gravado un arco entrelazado que debuxa unha cruz de arcos iguais.