Carballeira

Carballeira
  1. [ONOM]

    Apelido que ten a súa orixe nun topónimo abundancial formado sobre carballo, co significado de ‘lugar poboado de carballos’. Documéntase no s XVI: “Juan da Carballeira” (doc ano 1521 en Sara Pereira Ferreiro “El monasterio de Santa María de Xunqueira de Espadañedo y su colección diplomática”, Boletín Auriense 9, 1979, p 202).

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, tres lobos de sable, pasantes e postos en pao.