Carballo Martínez, Jesús

Carballo Martínez, Jesús

Ximnasta. Fillo de Jesús Carballo García, iniciouse no deporte da ximnasia aos 5 anos de idade. Nos Campionatos do Mundo celebrados en San Juan de Puerto Rico en 1996 proclamouse vencedor na disciplina da barra fixa, título que revalidou en Tianjin 1999. Obtivo a medalla de prata nos Campionatos do Mundo de Lausanne 1997 e foi Campión de Europa en San Petersburgo 1998. Participou nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996, onde acadou o sétimo posto en barra fixa, e na Universiada de Palma de Mallorca 1999, onde tamén obtivo posto de finalista. En xuño de 1997 gañou a medalla de ouro no concurso completo dos Xogos do Mediterráneo, celebrados en Bari. No plano técnico, incorporou ao repertorio ximnástico tres elementos que levan o seu nome (Carballo): un para barra fixa e dous para barras paralelas.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Madrid