Carballo-Calero Ramos, María Victoria
Historiadora da arte. Licenciada en Filosofía e Letras e doutora en Arte, foi directora da escola de artes aplicadas e oficios artísticos Ramón Falcón de Lugo e profesora de arte e directora do departamento de Historia da Arte e Xeografía da facultade de Humanidades da Universidade de Vigo, da que foi decana. Foi comisaria das exposicións Julia Minguillón: período de 1934-1964 (1991), Olga Reinoso (1993) e Luís Seoane: pinturas, debuxos e gravados, 1932-1979 (1999). Ademais de numerosos artigos sobre arquitectura e transformacións urbanas, e sobre diversos artistas galegos (Camilo Díaz Baliño ou Arturo Souto), publicou as obras: La ilustración en la revista Nós (1983), Julia Minguillón (1984), Os castelaos de Ourense (1985), Antonio Failde (1986), La transformación de una ciudad: Orense (1995) e El santuario de Nuestra Señora de las Ermitas (1996), xunto con Antonio Bonet Correa. É membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario da Coruña.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ferrol