carbendazim

carbendazim
Nome científico: [2-bencilimidazolilcarbamato de metilo]
s m [QUÍM]

Composto químico que pertence ao grupo dos bencimidazois e que actúa como funxicida de aplicación foliar de amplo espectro de acción. Ten carácter preventivo e curativo. Está autorizado nun variado número de cultivos, tanto herbáceos como leñosos, e tamén se utiliza na desinfección de sementes.

Palabras veciñas

carbaryl | carbayón* | carbazol | carbendazim | carbenicilina | carbenio | carbeno