carbeno
carbeno
s
m
[QUÍM]
Fragmento molecular orgánico que contén un átomo de carbono unido unicamente a outros dous átomos. Caracterízase por posuír dous electróns non compartidos e un baleiro electrónico. Os carbenos teñen unha carga global nula, pero poden presentar propiedades nucleófilas (a causa dos electróns non compartidos) ou electrófilas (a causa dos baleiros electrónicos). Segundo as diversas teorías, os seis electróns que envolven o carbono sitúanse: ben en tres orbitais híbridos sp2, deixando baleiro un orbital p; ou ben en dous orbitais híbridos sp1, semiocupando, polo menos, os dous orbitais p restantes. Esta última disposición outorgaríalle ao carbeno unha estrutura de birradical.