carboeiro -ra

carboeiro -ra

(< lat carbonarĭu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao carbón.

    Ex: Traballou durante moito tempo nunha mina carboeira.

  2. s

    Persoa que fai, vende ou traballa con carbón. Na tradición oral recóllense refráns como: “O saco do carboeiro, lixoso por fóra, e máis lixoso inda por dentro.”

  3. adx e s

    Aplícase á persoa que ten o corpo ou a roupa manchadas.

    Ex: Os rapaces chegan sempre feitos uns carboeiros.

  4. s m [MAR]

    Barco de vapor ou veleiro destinado ao transporte de carbón.

  5. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Paxaro que presenta unha coloración xeral da plumaxe de cor negra como o rabirrubio tizón.