carboxilo

carboxilo

(< carbonilo + oxhidrilo)

s m [QUÍM]

Grupo de fórmula COOH que confire propiedades ácidas á molécula que o contén (ácido carboxílico), xa que o anión (carboxilato) formado pola disociación do protón carboxílico se estabiliza por resonancia. Na forma non disociada os grupos carboxilo pódense unir entre eles por pontes de hidróxeno e formar dímeros ou trímeros.