carboxipeptidase
carboxipeptidase
(
s
f
[BIOQ]
Cada un dos enzimas hidrolíticos que liberan dunha proteína só o aminoácido terminal o que ten o grupo carboxilo libre. A carboxipeptidase A (peptidil-L-aminoácido-hidrolase) cataliza a hidrólise do peptidil-L-aminoácido a péptido e L-aminoácido. A carboxipeptidase B actúa só se o aminoácido terminal do péptido é lisina ou arxinina. Estes dous enzimas proveñen do páncreas.