Carcabuey
Carcabuey
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, drenado polo río Palancar, no pé das serras de Cara e de Priego (2.887 h [1996]). O clima caracterízase pola súa continentalidade, con fortes xeadas. A principal actividade económica é a agricultura, sobre todo, o cultivo de oliveiras e árbores froiteiras. Os servicios e unha pequena industria téxtil dá emprego ao resto da poboación. Na gandería predomina a cría de gando lanar e vacún. Entre os seus monumentos destaca a igrexa de Santo Domingo, de estilo barroco.