cardeal

cardeal

(

  1. s m [RELIX]

    Título de cada un dos altos dignatarios eclesiásticos asistentes do papa. É o propio pontífice quen os escolle e comunica os nomes dos elixidos nun consistorio. Os cardeais teñen a misión de elixir o sucesor do papa trala súa morte, nun conclave convocado con este fin. A configuración do cardealado foi gradual: desde o s V os bispos das sete dioceses que rodeaban Roma (suburbicarías) exercían función na basílica de San Xoán de Letrán, onde foron “incardinados”; os presbíteros encargados das igrexas (tituli) romanas recibiron a denominación de cardeais, no s X, e de diáconos, no s XI. Esta é a orixe da estruturación do colexio cardinalicio en tres ordes: cardeais-bispos (bispos suburbicarios), cardeais-presbíteros e cardeais-diáconos. Os cardeais, que desde o pontificado de León IX (1048-1054) comezaran a exercer tarefas no goberno da Igrexa, substituíron practicamente os sínodos romanos. Estaban intimamente ligados á sé de Roma e formaban xa un verdadeiro colexio. Co tempo foron aumentando a súa importancia e a súa influencia, de xeito que os soberanos das distintas potencias intentaron utilizalos, incluso en contra do papa. Posteriormente, o colexio cardinalicio perdeu importancia desde que os papas outorgaron máis prerrogativas ás congregacións romanas, dirixidas tamén por cardeais. Xoán XXIII ampliou o número tradicional de 70 cardeais e Paulo VI determinou en 1973 que fosen 120 os que podían elixir o pontífice romano, tendo en conta que no transcurso de oitenta anos perdían este dereito. Os cardeais in pectore son os que teñen un nome que non se fai público ata despois da súa creación. Distínguense por un capelo específico e polo vestido de cor púrpura, orixinariamente propio das funcións dos legados pontificios. Na historia da Igrexa moitos galegos accederon ao colexio cardinalicio. Entre os de maior renome, cómpre citar a Rodrigo Fernández de Castro, arcebispo de Sevilla da estirpe dos condes de Lemos e gran valedor de Monforte. Varios arcebispos da sé compostelá gozaron case consubstancialmente dese dereito durante moitos anos; o último destes foi Fernando Quiroga Palacios, arcebispo de Santiago (1949-1971), que accedeu ao cardealado en novembro de 1952 e foi o primeiro cardeal en celebrar a misa en galego. Por último, Antonio María Rouco Varela recibiu o capelo cardinalicio en 1998, cando xa era arcebispo de Madrid.

  2. [ANIMAL/ORNIT]
    1. s m

      Ave da familia dos frinxílidos de peteiro groso e contorno redondeado e con plumaxe, especialmente os machos, predominantemente de cores rubia, roxa ou rosada.

    2. cardeal común [port: dom-fafe; cast: camachuelo común; ingl: bullfinch]

      [Pyrrhula pyrrhula, Fam dos frinxílidos] Cardeal de ata 15,5 cm, coa cara anterior e a caparucha negras, peito roxo (a femia co peito acastañado rosado) e as partes superiores gris azuladas, alas negras con franxa branca, mitra branca e cola longa e negra. Distribúese nos bosques húmidos de coníferas e planifolios do Paleártico. Na Península Ibérica localízanse polo extremo norte coincidindo coa rexión eurosiberiana e en Galicia vive nas fragas e nos bosques da ribeira.

    3. s cardeal de Virginia

      [Cardinali

    4. cardeal dos piñeiros [cast: camachuelo picogrueso; ingl: pine grosbeak]

      [Pini

    5. s cardeal escarlata [cast: camachuelo carminoso; ingl: scarlet rosefinch]

      [Carpodacu

    6. cardeal gris

      [Paroaria coronatus, Fam dos frinxílidos] Cardeal de ata 19 cm, de patas longas. Os dous sexos teñen a cabeza e a gorxa rubia cunha curupela. Vive nos prados con arbustos dispersos de Bolivia, Paraguay, Uruguay, S de Brasil e N de Arxentina. Apréciase como ave de compañía polo seu colorido e canto melodioso.