Cardedeu

Cardedeu

Municipio do Vallès Oriental, no centro da depresión do Vallès, ao N do macizo de Montseny (10.805 h [1996]). Predomina a agricultura de secaño (cereais e forraxes). Tamén é importante a cría de gando bovino e porcino. A industria está bastante diversificada, pero os sectores principais son o téxtil e o plástico, formados por pequenas e medianas empresas. Nos últimos anos produciuse un aumento de poboación, como consecuencia do carácter turístico que acadou o municipio. No seu patrimonio arquitectónico destacan edificacións medievais como a capela de Sant Corneli (s XI) e o Casal Bell-lloch (s XVIII). Tamén son importantes os espacios naturais como o parque dos Pinetons e o de Pompeu i Fabra.