Cardelle

Cardelle

Río afluente do Avia pola esquerda. Nace da confluencia dos ríos Doade, Beariz e Magros, no límite das parroquias de Beariz (concello de Beariz) e Córcores (concello de Avión). O seu curso adopta unha dirección xeral NO-SL, encaixado sobre un contexto litolóxico dominado polas cuarcitas que o fai mudar de rumbo sucesivamente. Ata a súa desembocadura discorre polos límites establecidos entre os concellos de Beariz e Boborás (parroquias de Cardelle e Albarellos) co de Avión (parroquias de Amiudal e Avión). Desemboca no encoro de Albarellos, no límite entre as parroquias de Albarellos (concello de Boborás) e Avión (concello de Avión).