Cardenal, Ernesto

Cardenal, Ernesto

Poeta e sacerdote. Compaxinou a tarefa literaria, a misión pastoral e o compromiso político. Graduado como bacharel, trasladouse a México onde estudiou filosofía e letras, e despois a Nova York para ampliar estudios. En 1950 fundou en París a editorial El Hilo Azul. En 1956 ingresou no mosteiro trapense Our Lady of Gethsemany de Kentucky e en 1961 marchou a Colombia, onde estudiou teoloxía; catro anos despois ordenouse sacerdote en Managua. Foi dirixente da Frente Sandinista de Liberación Nacional e loitou contra a ditadura de A. Somoza. Trala vitoria sandinista en 1979, ocupou o ministerio de Cultura e en 1985 foi afastado polo Vaticano do sacerdocio. Pertenceu ao movemento Cristianos por el Socialismo, vinculado á teoría da liberación. En 1994 renunciou á súa militancia na Frente Sandinista de Liberación Nacional por discrepancias con parte da dirección do partido. Entre outras obras, publicou: Epigramas (1956), Salmos (1964), Homenaje a los indios americanos (1967), Canto Nacional (1973), dedicado á Frente Sandinista de Liberación Nacional, Oráculo sobre Managua (1973), Evangelio en Solentiname (1975), Tocar el cielo (1981), La democratización de la cultura (1982) e Vuelos de vitoria (1984). Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidad de Granada en 1991.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Granada, Nicaragua