Cárdenas Conde, Víctor Hugo
Cárdenas Conde, Víctor Hugo
[aimará: Chukiwanka Kunturi] (La Paz 1951) Pedagogo e político indíxena aimará. Licenciouse en Letras e Educación na Universidad de San Andrés de La Paz, onde traballou como profesor de lingüística e ciencias da educación de 1975 a 1992. En 1979 presidiu o congreso fundacional da Confederación Sindical Única de Trabajadores Campesinos de Bolivia (CSUTCG). Entre 1985 e 1989 foi deputado nacional do Movimiento Revolucionario Tupak Katari de Liberación e en 1993 foi elixido vicepresidente de Bolivia. Centrou o seu traballo fundamentalmente no recoñecemento social e xurídico das organizacións campesiñas e indíxenas.