Cardiff, Jack
Cardiff, Jack
Realizador cinematográfico inglés. Está considerado como un dos máis prestixiosos directores de fotografía, profesión na que comezou a súa actividade cinematográfica. Dirixiu a imaxe nos filmes Baixo o signo de Capricornio, de Hitchcock e A condesa descalza, de Mankiewicz. Como realizador sobresaíu coas producións Intent to Kill (Un intento para asasinar, 1958), The Lion (O león, 1962), Young Cassidy (O rebelde Cassidy, 1964) e The Mutations (As mutacións, 1973).
Cronología
-
Nacemento