Cardona
Cardona
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, á beira do río Cardener (5.882 h [1996]). A súa principal actividade económica é a minería. En 1912 descubríronse xacementos de sal potásico. As minas desta zona empezaron a producir silvinita e carnalita en 1929. A explotación da Unión de Explosivos Río Tinto chegou a producir máis dun millón de toneladas de materia bruta. En 1990 a mina parou oficialmente, aínda que segue a extracción de sal industrial. Tamén é importante a gandería porcina, ovina, cabrúa e de animais de granxa. Hai tamén fábricas téxtiles e de fíos metálicos. Sobre un outeiro está o castelo de Cardona, coa igrexa románica de San Vicente.