Cardozo, Mario
Cardozo, Mario
Militar e arqueólogo. Estudiou na escola militar e acadou o grao de coronel. No eido da arqueoloxía, destacou no estudo dos castros do Ferro, como o de Briteiros e Sabroso, e na investigación sobre a ourivería prehistórica e sobre as relacións entre Galicia e Portugal na época castrexa. Foi director do Museo Arqueológico da Sociedade Martins Sarmiento en Guimarães. Colaborou en publicacións galegas como Nós e publicou Notícia resumida das ruínas arqueológicas de Briteiros e Sabroso (1929) e Citânia e Sabroso (1930), entre outras obras. Foi membro e presidente da Sociedade Martins Sarmiento.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Guimarães