carga
(
-
s
f
Acción e efecto de cargar.
Antónimos: descarga. -
-
s
f
Aquilo que se coloca sobre alguén ou sobre un animal
Ex: O home tiña que levar a carga ó lombo ata o río. O burro tirou coa carga e perdeuse o millo.
Sinónimos: cargamento. Confrontacións: frete. -
s
f
Conxunto das mercadorías dispostas para ser cargadas nun vehículo ou elemento de transporte. As cargas clasifícanse segundo a súa presentación. As cargas a granel son mercadorías que pola súa natureza non se embalan (petróleo, minerais, gran, etc) senón que se cargan directamente nas cisternas, silos ou depósitos dos barcos, vagóns de ferrocarril ou camións. As cargas unitarias son un conxunto de diversas pezas ou elementos unidos (balas, fardos) amontoados, gardados no interior dun recipiente pechado (contedor) ou nun gran recipiente que flota (barcaza), de xeito que constitúen un todo non divisible en partes con vistas á súa manutención e transporte. O desenvolvemento deste tipo de carga comportou a progresiva especialización dos medios de manutención e de transporte.
Ex: Veu un camión cunha carga de terra.
Sinónimos: cargamento, frete. -
s
f
Peso soportado por un home, un animal, un vehículo ou outra máquina, ou levantado por un aparello de elevación. As cargas clasifícanse en nominais, útiles e totais, a carga nominal é a que pode ser soportada por un aparello nunhas condicións específicas. A carga útil é o peso que pode ser soportado por un aparello, vehículo, etc, ademais do seu propio peso; a carga total é a suma da carga útil e da tara.
Ex: Esta furgoneta non soporta tanta carga.
-
carga máxima
[MAR]
Carga límite que pode transportar un barco segundo a liña de máxima carga indicada no disco do bordo.
-
s
f
-
[BÉL]
-
s
f
Proxectil ou conxunto de proxectís que se subministran a unha arma de fogo.
-
carga oca
Artificio conseguido ao colocar a carga explosiva dunha granada ao redor dunha superficie cónica, que ten a cúspide dirixida á parte posterior do proxectil. Ten unha gran potencia perforante, razón pola que se emprega principalmente contra materiais blindados e fortificacións. Lánzase mediante granadas ou foguetes con pouca velocidade inicial, e tamén a través dos canóns dos tanques, cando estes loitan entre eles. Empregouse por primeira vez na Segunda Guerra Mundial.
-
carga de profundidade
Recipiente, xeralmente cilíndrico, cunha potente carga explosiva no seu interior e provisto dunha espoleta e dos mecanismos de regulación e de seguridade adecuados, que se lanza desde embarcacións de superficie ou desde avións contra submarinos somerxidos. A carga explosiva adoita estar constituída por trinitrotolueno fundido e a súa explosión normalmente vén provocada por unha cadea de explosións de sensibilidade crecente. A espoleta pode ser de percusión, accionada ao topar cun obstáculo; hidrostática, activada cando se establece a presión da auga; de paso de auga, magnética, etc, ou mixta. As primeiras cargas de profundidade apareceron durante a Primeira Guerra Mundial.
-
carga de proxección
Cantidade de pólvora destinada a producir os gases que, pola súa expansión, impulsan un proxectil. Colócase na cámara a través dun cartucho ou duns pequenos sacos facilmente combustibles.
-
carga explosiva
Substancia colocada dentro dunha granada para producir a explosión. O efecto pode consistir nun desprazamento do aire (onda expansiva) ou de corpos metálicos (metralla). A carga explosiva actívase mediante unha carga máis pequena chamada multiplicador.
-
s
f
-
s
f
[CONSTR]
Peso que gravita sobre unha construción ou sobre cada un dos seus elementos constitutivos.
-
s
f
[ECON]
Anotación contable que representa un aumento do activo en conta ou ben unha diminución do pasivo ou neto. Os cargos contabilízanse anotando a cantidade que corresponde na débeda da conta, é dicir, na parte esquerda.
-
[DER]
-
s
f
Subxección especial dunha persoa ou dun ben a unha obriga legal concreta de carácter público (un imposto, unha prestación persoal, etc) ou a unha responsabilidade ou gravame patrimonial.
-
s
f
Obxecto do contrato de transporte.
-
carga da proba
Obriga que corresponde nun proceso a quen afirma probar os feitos constitutivos do seu dereito e a quen nega probar os feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes de dito dereito.
-
carga pastoral
Prestación á que está obrigado o posuidor dun beneficio. Cando este comporta coidado de ánimas (oficio eclesiástico), a prestación inclúe todo o servicio pastoral dunha parroquia e diocese; noutros casos, aquilo que se determina na fundación e que consiste xeralmente en actos de culto ou apostolado.
-
s
f
-
s
f
Obriga ou responsabilidade que recae nunha persoa.
Ex: As cargas familiares non lle deixan tempo libre.
Confrontacións: lastre. -
-
s
f
Aquilo co que se carga algo.
-
s
f
Recambio dun aparato ou cantidade dunha substancia que se repón cando o anterior se esgota.
Ex: Púxenlle unha carga nova ó chisqueiro da cociña.
-
s
f
-
s
f
[METROL]
Unidade de medida dalgúns produtos agrarios, especialmente os cereais, ou forestais. Aínda que presenta diferentes valores, corresponde xeralmente á cantidade que pode transportar un animal de carga.
-
s
f
[BÉL]
-
Acometida ou ataque ao inimigo. Antigamente, a carga de cabalería era a acción clásica deste corpo, na que os cabalos se lanzaban ao galope, empregándose o sabre ou a lanza. Son famosas a carga da cabalería lixeira británica durante a Guerra de Crimea (1894) e a dos franceses na Batalla de Sedan na Guerra Franco-Prusiana (1870).
-
Ataque realizado por un grupo armado.
Ex: A policía fixo unha carga brutal contra os estudiantes que se manifestaban.
-
-
s
f
[ENX]
-
Potencia activa ou aparente producida ou absorbida por unha máquina ou por unha rede eléctrica.
-
Elemento receptor de enerxía eléctrica. Posúe unha certa impedancia e está destinado a conectarse a un xerador ou a unha rede eléctrica. Segundo a característica predominante, unha carga pode ser resistiva, indutiva ou capacitiva.
-
-
[FÍS]
-
s
f
Elipse de carga eléctrica.
-
carga atómica
Número atómico.
-
s
f
Nome xenérico de diversos atributos intrínsecos das particulas elementais, que se caracterizan segundo as interacións nas que interveñen. O seu nome deriva da carga eléctrica que foi, á parte da masa, a primeira característica intrínseca cuantificable que se tratou cun certo coñecemento. Un sistema físico especifícase, xa que logo, pola natureza dos seus compoñentes, é dicir, polas súas cargas e polo valor das magnitudes medibles (as variables de estado). Os diferentes tipos de cargas poñen de manifesto a existencia de diferentes interaccións. As características comúns das cargas son as seguintes: cuantificadas, cando os seus valores son múltiplos enteiros dunha certa unidade mínima chamada carga elemental; case todas son aditivas, de xeito que a carga total dun sistema é a suma alxébrica das cargas dos seus compoñentes; obedecen a unha lei de conservación, que establece que o total de cada tipo de carga permanece constante durante unha interacción do tipo no que a carga considerada é relevante; e, finalmente, unha partícula e a correspondente antipartícula teñen a mesma carga pero de signo oposto. Ademais da carga eléctrica, que é a máis coñecida popularmente, fálase do número bariónico (ou carga bariónica), do número leptónico (ou carga leptónica), da hipercarga, e, na teoría das interaccións fortes, da estrañeza, da cor, do encanto, da beleza e da verdade.
-
carga de proba/carga de ensaio
Corpo cargado electricamente, de pequenas dimensións (asimilable a unha partícula puntual), que se coloca no seo dun campo eléctrico para determinar a súa intensidade. Esta vén dada polo cociente entre a forza que experimenta o corpo e o valor da súa carga eléctrica: E = F /q.
-
carga eléctrica
[q ou Q] Suma alxébrica das cargas eléctricas elementais dun sistema físico. Nun sistema material, o exceso ou o defecto de electróns determina que a carga sexa negativa ou positiva, respectivamente. Un corpo no que a carga eléctrica é nula chámase neutro e, en caso contrario, cargado ou electrizado; os átomos son neutros e os ións cargados. A carga eléctrica é a fonte (ou causa) do campo electromagnético.
-
carga eléctrica elemental/carga elemental
[e] Unidade de carga eléctrica de valor e=1,6021892 (46)´10 -19 C (C é o símbolo do coulomb). É unha característica intrínseca do protón e do electrón: a carga eléctrica dun electrón é -e e a do protón é e (como tamén a do positrón). A carga eléctrica dun sistema é un múltiple enteiro de e. A primeira medición coidadosa da carga dun electrón foi o experimento de Millikan. A necesidade de outorgar aos quarks cargas fraccionarias (2/3 e 1/3 do valor de e) cuestionou a elementalidade do valor de e.
-
carga electrónica
Carga espacial constituída por electróns.
-
carga elemental
Mínima cantidade posible dunha carga. A miúdo emprégase como elipse de carga eléctrica elemental.
-
carga espacial
Exceso de carga eléctrica nunha rexión do espacio, causada pola presenza de ións (como acontece nun plasma) ou electróns (como nun tubo electrónico); neste último caso chámase carga electrónica. A carga espacial orixina campos eléctricos intensos.
-
carga específica
Nunha partícula, cociente entre a súa carga e a súa masa en repouso.
-
relación carga-masa
Relación entre a carga e a masa dunha partícula ionizada e, en particular, relación entre a carga e a masa do electrón.
-
s
f
-
[FÍS]
-
s
f
altura de carga.
-
s
f
Presión que exerce un fluído sobre as paredes do recipiente que o contén.
-
perda de carga
Diminución da altura de carga en todo fluído en movemento, entre un punto corrente arriba e un punto corrente abaixo, causada pola disipación de enerxía por fricións e remuíños. As perdas poden ser lineais, causadas polo rozamento coas paredes do conduto e proporcionais á lonxitude deste, e singulares, debidas a perturbacións locais da corrente provocadas pola forma do conduto (ancheamentos, estreitamentos, xiros, confluencias). Os dous tipos calcúlanse mediante fórmulas experimentais. O valor das perdas lineais depende da medida do conduto, da velocidade da corrente, da viscosidade do fluído e da rugosidade das paredes; e o das perdas singulares depende principalmente das proporcións xeométricas e tamén da viscosidade e da rugosidade. A perda de carga non é só un fenómeno nocivo que convén limitar, senón que tamén se aplica profusamente aos mecanismos para obter diferencias de presión e, deste xeito, controlar movementos de pezas, regular caudais e presións, reducir fugas, etc.
-
s
f
-
[FÍS/TECNOL]
-
s
f
Combustible fisionable dun reactor nuclear.
-
carga corporal
Carga orgánica relativa ao organismo en conxunto.
-
carga orgánica
Referíndose a un órgano determinado, actividade dun radionúclido presente nel.
-
s
f
-
[TECNOL]
-
s
f
Forza resistente que se opón ao movemento dunha máquina, dun motor ou doutro aparato.
-
s
f
Cantidade de material introducido periodicamente nun proceso.
-
carga de ruptura
Nos ensaios de resistencia de materiais, a carga que produce a rotura dunha probeta dun material determinado.
-
carga residual
Cantidade de electricidade que conserva un condensador despois dunha descarga rápida.
-
s
f
-
[AERON]
-
carga alar
Cociente entre o peso total dunha aerodina e a súa superficie de sustentación.
-
factor de carga
Relación entre o valor dunha das cargas ou forzas que soporta un avión e o seu peso total.
-
carga alar
-
s
f
[COMUN]
Elemento destinado a aumentar artificialmente a indutancia dos cables telefónicos co fin de conseguir a igualdade LG=RC, é dicir: indutancia ´ condutancia = resistencia ´ capacidade. Este aumento de L realízase mediante as bobinas de carga discontinua (pupinización) ou, se isto non é posible (como nos cables submarinos), disponse unha carga continua que consiste nun enrolamento en hélice ao longo do cable (krarupización).
-
s
f
[TÉXT]
Apresto conseguido ao aumentar o peso dos tecidos de seda, algodón ou doutro material nalgunhas das operacións de acabado, para mellorar o seu tacto e presentación.
-
[XEOL]
-
s
f
Conxunto de materiais transportados por un curso de auga, xa sexa en disolución, en suspensión, por arrastre ou rodaxe.
-
carga límite
Carga máxima que pode transportar unha determinada corrente de auga.
-
s
f
-
carga afectiva
[PSIC]
Cantidade de afecto vinculada a un pensamento, unha percepción ou un recordo, que ao actualizarse pode desencadear reaccións emocionais de diversa índole e intensidade.
-
carga heráldica
[HERÁLD]
Todo o que se coloca no campo dun escudo, é dicir, as pezas, mobles ou figuras.
-
materia de carga
[QUÍM/IND]
Substancia que se incorpora a un produto para que adquira certas propiedades. As materias de carga teñen que ser sempre quimicamente inertes. Entre as máis frecuentes destacan as serraduras, a fécula, as arxilas, o talco, a sílice, o xeso, o sulfato de bario, o asbesto, a fibra de vidro, a mica, etc. Aínda que nalgúns casos as cargas só serven para diluír o produto ou aumentar o seu peso para abaratalo, polo xeral, teñen unha función activa ou reforzante importante e, ás veces, imprescindible. As materias de carga máis usadas son de orixe mineral, porque teñen a vantaxe de non ser higroscópicas e porque teñen unhas dimensións de partícula reducidas que, ao permitir boas dispersións, producen materiais uniformes. Os produtos aos que normalmente se engaden cargas son os plásticos, o papel, o caucho, as pinturas, as fibras téxtiles, os xabóns, etc.
Frases feitas
-
A carga cerrada. Sen reflexión nin consideración.
-
A cargas. Moi abondosamente.
-
Botar un a carga a outro. Atribuír a outra persoa algo que non realizou.
-
Botar un a carga de si. Resolver unha obriga pendente.
-
Carga de auga. Chuvia moi intensa e inesperada.
-
Carga de ósos. Persoa moi fraca.
-
Carga de paos. Malleira moi grande.
-
Dar coa carga no chan. Tirar ou caer o que se leva como carga.
-
Darlle unha carga a un. Rifarlle a alguén.
-
Levar a un a carga. Ter un a responsabilidade de algo.
-
Soltar un a carga. Abandonar, voluntariamente, algo que se estaba realizando con moito afán.
-
Tirar un coa carga. Incomodarse e deixar todo aquilo no que se estaba.
-
Volver á carga. Insistir.
Refráns
- Á besta axeonllada ponlle máis carga.
- A carga ben se leva, cando moito non pesa.
- Ben se leva a carga, mais non a sobrecarga.
- Carga larga e man na illarga, ao cabo do ano sen besta nin carga.
- Carro derradeiro, ben cargado ou ben baleiro.
- Non botes carga onde non vexas corpo.
- Non mata a carga senón a sobrecarga.
- Ó burro e ao carro, a carga ao rabo.
- O que ha de cantar o boi ten que ito cantando o carro.
- Se queres ter sá a illarga, non cargues moita carga.
- Sofre o burro a carga mais non a sobrecarga.