caridade
(< lat caritāte ‘amor,cariño’)
-
s
f
[RELIX]
Amor desinteresado que non busca o ben propio, senón a entrega aos demais. Trátase dun amor inmotivado e gratuíto, que se diferenza do eros ou amor motivado polos valores da persoa estimada. En teoloxía, a caridade designa o amor de Deus polos homes e, por extensión, o amor do home cara a Deus e ao próximo. Constitúe o distintivo dos discípulos de Cristo e consiste en amar os demais do mesmo xeito que os amou Xesús. Distínguese así da filantropía, que se limita a estimar ao home prescindindo do amor que Deus lle ten. A caridade no home é un don permanente de Deus, incompatible co pecado. É unha virtude teologal superior á fe e á esperanza, porque perdurará na gloria.
-
s
f
-
Bens ou diñeiro que se dan a unha persoa necesitada.
Ex: Unha caridade, por favor!
-
Axuda ás persoas necesitadas ou carentes de recursos económicos.
Ex: Aínda hoxe moita xente vive da caridade.
Sinónimos: esmola.
-
-
caridade romana
Iconografía que representa unha moza aleitando un vello. Ten a súa orixe na historia romana de Cimón e Pero, e foi habitual na arte do Renacemento e do Barroco.
-
filla da caridade
[RELIX]
Membro dunha congregación relixiosa feminina dedicada á asistencia dos pobres e ao ensino. Fundada en Francia en 1633 por san Vicente de Paúl e Louise de Marillac, e aprobada polo arcebispo de París en 1646, converteuse na congregación feminina máis extensa do mundo, con 30.500 membros en 1985. Expandiuse pola Península Ibérica durante o XIX e creou o seu primeiro noviciado en Madrid en 1893. Ata 1964 o hábito desta congregación caracterizábase polo uso da touca alada de fío branco.
Refráns
- A caridade ben entendida comenza por un mesmo.
- A caridade e o amor non queren tambor: caladiños viven mellar.
- A caridade non quere nada de vaidade.