caridade

caridade

(< lat caritāte ‘amor,cariño’)

  1. s f [RELIX]

    Amor desinteresado que non busca o ben propio, senón a entrega aos demais. Trátase dun amor inmotivado e gratuíto, que se diferenza do eros ou amor motivado polos valores da persoa estimada. En teoloxía, a caridade designa o amor de Deus polos homes e, por extensión, o amor do home cara a Deus e ao próximo. Constitúe o distintivo dos discípulos de Cristo e consiste en amar os demais do mesmo xeito que os amou Xesús. Distínguese así da filantropía, que se limita a estimar ao home prescindindo do amor que Deus lle ten. A caridade no home é un don permanente de Deus, incompatible co pecado. É unha virtude teologal superior á fe e á esperanza, porque perdurará na gloria.

  2. s f
    1. Bens ou diñeiro que se dan a unha persoa necesitada.

      Ex: Unha caridade, por favor!

    2. Axuda ás persoas necesitadas ou carentes de recursos económicos.

      Ex: Aínda hoxe moita xente vive da caridade.

      Sinónimos: esmola.
  3. caridade romana

    Iconografía que representa unha moza aleitando un vello. Ten a súa orixe na historia romana de Cimón e Pero, e foi habitual na arte do Renacemento e do Barroco.

  4. filla da caridade [RELIX]

    Membro dunha congregación relixiosa feminina dedicada á asistencia dos pobres e ao ensino. Fundada en Francia en 1633 por san Vicente de Paúl e Louise de Marillac, e aprobada polo arcebispo de París en 1646, converteuse na congregación feminina máis extensa do mundo, con 30.500 membros en 1985. Expandiuse pola Península Ibérica durante o XIX e creou o seu primeiro noviciado en Madrid en 1893. Ata 1964 o hábito desta congregación caracterizábase polo uso da touca alada de fío branco.

Refráns

  • A caridade ben entendida comenza por un mesmo.
  • A caridade e o amor non queren tambor: caladiños viven mellar.
  • A caridade non quere nada de vaidade.