Caride Gómez, José Antonio
Pedagogo. Doutor en Pedagoxía, é profesor de pedagoxía social na Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1984 e 1986 foi vicedecano de Investigación da facultade de Filosofía e Ciencias da Educación. De 1980 a 1981 foi cofundador e primeiro presidente do Colectivo de Pedagogos de Galicia e cofundador da Sociedad Ibérica de Pedagogía Social, constituída o 22 de setembro de 2000 en Pontevedra. Realizou varios estudios sobre o sistema educativo galego e a súa influencia no medio rural, a Educación Ambiental e a Educación Social, entre outros. Director da revista Adaxe dende maio do 2000, forma parte dos consellos editoriais e científicos das revistas: Perspectiva Educacional, Innovación educativa e Revista Interuniversitaria de Pedagogía Social. Colaborador, entre outras, nas revistas Cuadernos de Realidades Sociales e Temps d’Educació, TE, cómpre destacar as súas publicacións: A educación en Galicia. Informe cero (1988), A educación en Galicia. Problemas e perspectivas (1990), Análisis de contextos en Educación Ambiental (1992), Estudiar ambientes: A análise de contextos como práctica educativo-ambiental (2000), Animação teatral: teoria e prática (2000) e Educación social y políticas culturales (2000). Colaborou nas obras Mapa cultural de Galicia: o asociacionismo cultural en Galicia (1991), con Agustín Requejo, Imaxes e realidades ambientais. Eurosurvey-Galicia, unha análise das representacións e actitudes dos escolares galegos en relación co medio (1997) e 131 conceptos clave en Educación Social (1997).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : León, Vilamarín