Caridade

Caridade
[ONOM]

Prenome feminino que procede do latín charitate ‘amor’, unha das virtudes teologais da relixión cristiá. Existe unha Nosa Señora da Caridade, avogosa da vista, na vila de Flariz, en Monterrei. A súa festa celébrase o 8 de setembro, agás en Verea, onde se conmemora o día 12 de setembro; en Fozáns, o segundo domingo do mesmo mes; e en Verín, o luns de Pentecoste.